Todas as historias do Castelo de Santa Cruz

costascastelodesanantón
Co Castelo de Santa Cruz aillado no fondo

Hai lugares con historia e outros que ademáis teñen moitas historias que contar. Non as poderemos contar aquí todas pero sí, polo menos, repasaremos as principais. Despois da invasión dos ingleses a península da Coruña da que emerxeu triunfadora a heroa Marìa Pita, decidiuse fortalecer a defensa da cidade e con tal motivo a construcción do Castelo de Santa Cruz veu a axudar a outros veciños como o Castelo de San Antón.

IMG_20200617_122619_resized_20200618_081216824

O uso defensivo do Castelo de Santa Cruz mantívose ata o século XIX ata que por subasta pública pasa as mans de José Quiroga Pérez de Deza, marido da escritora Emilia Pardo Bazán e pasou a formar parte das residencias vacacionales da familia xunto coa Granxa de Meirás e o Pazo de Miraflores en Sanxenxo. Foi reformado como pazo pero respectando ao máximo a súa estructura orixinal.

IMG_20200617_122607_resized_20200618_081110652
O Castelo de Santa Cruz ten uns espectaculares xardíns e balado de pedra

En 1958 a herdeira e filla da excelente es editora Emilia Pardo Bazán, Blanca Quiroga de Pardo Bazán cedeu o Castelo ao exército para que o destinara a residencia de verán dos orfos de Cabalería, sendo este o seu uso ata o año 1978.

IMG_20200617_121124_resized_20200618_081115004
Detalle dunha escultura feita con lixo do mar diante dunha das pequenas torres

En 1989 o Concello de Oleiros merca o Castelo de Santa Cruz  que catro anos mais tarde cede á Xunta de Galicia para a creación do Centro de Educación,  Información e Divulgación Ambiental de Galicia. Xa no ano 2001 , froito dun convenio de colaboración de tres institucións , a Universidade da Coruña, a Xunta e o Concello de Oleiros, comeza o proxecto do actual CEIDA ( Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), un centro que coordina, dinamiza e promove a educación ambiental.

O 1 de agosto do ano 2000 o antigo Ministro de Medio Ambiente Jaume Matas (que pasou a vivir entre rexas acusado de corrupción) inaugurou unha pasarela de madeira de 140 metros de lonxitude que uniu de xeito permanente a illa na que está o castelo coa localidade de Santa Cruz . E que habería que contar as historias de milleiros de rapaces e rapazas, homes e mulleres que visitando o castelo sorprendíalles a subida da marea e tiñan que agardar a baixamar para poder voltar á vila.

IMG_20200617_120915_resized_20200618_081219777
Ponte de madeira de 140 metros que xunta o Castelo aillado coa vila de Santa Cruz

Agora as mareas deixaron de ser unha aventura engadida á visita do Castelo de Santa Cruz pero os seus xardíns e vistas seguen a ser igual de impresionantes e paga a pena visitalo.

A píllara de vimbio e as actividades medioambientáis

A píllara das dunas
A Píllara das dunas

A píllara de vimbio da explanada da Praia de Razo lémbranos a todas e todos  a necesidade de reciclar os plásticos e as latas que fan tantos estragos polo mundo e concretamente polos arenais. A forma de píllara que ten este depósito de lixo lémbranos ademáis que hai unha ave dunar en especie de extinción que é o charadirus alexandrinus, segundo o seu nome técnico. Estes pequenos saltimbanquis, recoñecibles polos seus pequenos brincos polas praias, teñen a Costa da Morte coma o seu paraíso natural. A pesares desto, a píllara é unha especie ameazada pola sobre urbanización e  turismo.

Unha obra de arte de ferro e vimbio

Esta obra de arte de vimbio sobre ferro feita en colaboración entre a cesteira Idoia Cuesta e o escultor Fabián Lage é ademáis un símbolo das actividades medioambientais realizadas por distintas asociacións medioambientais e o Concello de Carballo baixo a etiqueta Eu Quero Razo-Baldaio.

Expedición dunar

Actividades medioambientáis

Eu fixen unha expedición dunar de flora e fauna polas dunas de Baldaio guiada por unha das asociacións que colaboran co programa. Os meus fillos Pedro e Teo, de seis e sete anos, pasarono moi ben e aprenderon sobre o seu ecosistema. Tamén fomos un día a recoller lixo polo areal de Razo. Con estas saídas agardo crialos como seres sensíbeis co espazo que manipulan e reducir a súa pegada medioambiental. Tamén pretendo aprender eu xa que teño moitas carencias educacionais en sostenibilidade medioambiental.

EuqueroRazo
EuqueroRazo

Ainda hai actividades pola zona de Razo e Baldaio durante todo o mes de Agosto e Setembro e inscribirse é de balde. Podes facelo na web do Concello http://www.carballo.org Velaquí van as vindeiras actividades para aprender a querer o litoral Razo-Baldaio.

Agosto 2019

  • Día 14: Píllara das Dunas, a Xoia de Baldaio
  • Día 21: Bioblitz nas Micro Reservas
  • Día 24: Creación de Micro Reservas
  • Día 28: Iniciación á Ornitoloxía

Setembro 2019

  • Día 4: Obradoiro de Biodiversidade
  • Día 7: Ruta Xeolóxica
  • Día 11: Segredos Culturais da Costa Carballesa
  • Día 14: Obradoiro de Pegadas de Fauna
  • Día 15: Obradoiro de Pegadas de Fauna
  • Día 18: Retirada de Especies Invasoras
  • Día 21: Creación de Micro Reservas
  • Día 25: Iniciación á Ornitoloxía
  • Día 28: Ruta Xeolóxica
Píllara das dunas
Píllara